info@istoenormal.org
(+34) 981 167000 Exts. 1954/ 1962 e 4502
Sen o imperialismo do concepto, a música tería substituído á filosofía: sería daquela o paraíso da evidencia inesprimible, unha epidemia de éxtases (Cioran)
NORMAL PRESENTA | NÓSOMOSÒN play6

NORMAL PRESENTA | NÓSOMOSÒN

Deseño dun hábitat sonoro e visual interactivo a partir dunha serie de instalacións sonoras activadas e moduladas polo público visitante. Unha exposición colectiva centrada na arte sonora e os seus satélites que presenta a Universidade da Coruña no seu Espazo de Intervención Cultural. NORMAL.

LugarNORMAL (A Coruña)
DatasDo 12 de marzo ao 27 de abril
HorarioLuns a venres de 11h. a 22h.
Ligazónmáis información?
Attitudes | Servando BarreiroInstalación, Instalación sonora, Interactivos servandisco

Attitudes | Servando Barreiro

Peza audiovisual interactiva que funciona coa enerxía do público que se move arredor dela. Unha cámara web de alta resolución conectada a un ordenador con puredata rastrea o espazo; o resto depende da enerxía que irradien os visitantes.

TítuloAttitudes
AutorServando Barreiro
Ano de realización2011
Ligazónmáis información
Triptique | Isaac CordalEscultura, Instalación Unidentified_isaac_cordal_8

Triptique | Isaac Cordal

Unha instalación composta de tres torsos modelados en malla metálica colgados horizontalmente e que viran por medio dun motor flotante. Mediante leds, situados a pouca distancia, a luz pasa a través da malla de arame reproducindo o obxecto modelado sobre a parede. 3D analóxico.

TítuloTriptique
AutorIsaac Cordal
Ano de realización2010
Ligazónmáis información
Augmented Sound | Berio MolinaInstalación sonora, Interactivos berio

Augmented Sound | Berio Molina

Augmented Sound (‘Son aumentado’) é un sistema que xoga cos límites físicos dun obxecto, coas súas características sonoras e coa interactividade do público. A súa idea básica é extraer novas sonoridades dos obxectos a través dun xogo interactivo coas propias calidades físicas do son.

TítuloAugmented Sound
AutorBerio Molina
Ano de realización2010
Ligazónmáis información
Retratos Sonoros | Escoitar.orgInstalación sonora, Video instalación escoitar

Retratos Sonoros | Escoitar.org

Escoitar.org, responsable do proxecto European Acoustic Heritage (mashup de mapas sonoros europeos), traballa nunha peza de retratos en movemento dos artistas que participan na exposición coa intención de capturar a súa esencia humana.

TítuloRetratos Sonoros
AutorEscoitar.org
Ano de realización2012
Ligazónmáis información
In Memoriam Gente Nostrae #1: A Esposa | Manuela Barile, BinauralEscultura, Instalación, Instalación sonora binaural

In Memoriam Gente Nostrae #1: A Esposa | Manuela Barile, Binaural

A primeira obra da serie In Memoriam Gente Nostrae (“En memoria da nosa xente”), estrease nesta exposición. Unha instalación audiovisual e obxectual de Manuela Barile que reflexiona sobre a importancia ancestral do casamento no contexto rural.

TítuloA Esposa
AutorManuela Barile
Ano de realización2012
Ligazónmáis información
AquófonoV6 Micronecta. Sonata do Sonho | Patxi ValeraAcción e performance, Instalación sonora patchi

AquófonoV6 Micronecta. Sonata do Sonho | Patxi Valera

O Aquófono é un instrumento musical sen precedentes que produce o seu son por medio da percusión controlada de pingas e chorros de auga sobre oito sensores piezoeléctricos de contacto.

TítuloSonata do Sono. Aquófono V6 Micronecta.
AutorPatxi Valera
Ano de realización2012
Ligazónmáis información
Ligazónsesións e concertos
Monos Electrónicos | IGMIGAcción e performance, Instalación sonora 04_ferrol2

Monos Electrónicos | IGMIG

Vestimenta interactiva (wearable clothes) para uso público. Accionando unha serie de sensores de tacto cosidos ás prendas e conectados a unha computadora, os usuarios poderán activar diferentes obxectos sonoros e crear as súas propias composicións sonoras a través da xestualidade.

TítuloMonos Electrónicos
AutorIGMIG
Ano de realización2003
Ligazónmáis información
Macrófono. Sonosfera da Coruña | Chiu LonginaAcción e performance, Escultura macrofono2

Macrófono. Sonosfera da Coruña | Chiu Longina

Unha acción estratéxica centrada en promover a escoita activa e crítica, e asemade representar a arte contemporánea máis aló dos espazos expositivos. O Macrófono (micrófono de 8 metros arrastrado por 4 performers), converterase nun acontecemento sonoro na cidade.

TítuloMacrófono. Sonosfera da Coruña
AutorChiu Longina
Ano de realización2012
Ligazónmáis información
M.echanical D.igital M.achine M.anufactured for E.xploration | mDMMe (aka Ignacio Muñoz)Acción e performance mdmee

M.echanical D.igital M.achine M.anufactured for E.xploration | mDMMe (aka Ignacio Muñoz)

Piano preparado- improvisación libre- parkour sonoro- poesía fonética- opera-sensores- osciladores- electroacústica- situacionismo-obxectos sonoros- psicoescoita- arte + medio rural…

TítuloM.D.M.M.E.
AutormDMMe
Ano de realización2012
Ligazónmáis información
Tocata Autista | Servando BarreiroInstalación sonora, Interactivos loquito

Tocata Autista | Servando Barreiro

O tocata autista e un tocadiscos aparentemente “normal”, mais coa peculiaridade de que se alimenta da enerxía xerada pola audiencia ao moverse. Iso é o que o fai xirar e reproducir un disco de vinilo. No momento en que a audiencia deixa de moverse, o disco deixa de soar.

TítuloTocata Autista
AutorServando Barreiro
Ano de realización2012
Ligazónmáis información
10 anos de Aquófono Pretecnología.231 | PartoAcción e performance, Instalación, Instalación sonora Aquofono_SanSimon_Damian Varela2

10 anos de Aquófono Pretecnología.231 | Parto

Aquófono
Unha creación de Parto.
Parto son L.A.R. Legido, Castromonte (Valladolid) 1975 y Patxi Valera, A Coruña, 1970.

Título10 anos de Aquófono Pretecnología.231
AutorParto
Ano de realización10 anos de Aquófono
Ligazónmáis información

Acerca da exposición que é NÓSOMOSÒN?

O son, terra libre da linguaxe, por fin. Lonxe da dualidade, corpo e mente, espíritu e materia, natureza e civilización, profano e sagrado, onde resoan as esencias comúns do universo e dos seres humanos, unha viaxe cara á nosa orixe. Ser orixinais. A materia e o universo como ondulación, as relacións como resonancias, os afectos como vibracións. Efectivamente,

nós somos sòn

Unha exposición que se podería encadrar dentro da arte sonora, unha exposición como ecosistema e territorio de posibilidades, en que se propón un corpo a corpo coas instalacións sonoras, onde o visitante se poida converter nunha terminal que activa, desactiva, modula e, en definitiva, habita ese territorio á súa vontade. Sen intermediarios nin conceptos. Puro fluír, presente continuo, corpo e máquina fundidos nunha éxtase para os sentidos.

Máis…

Os artistas as caras en NÓSOMOSÒN

Berio Molina

1981, A Fonsagrada. Artista e programador centrado na arte dixital e interactiva, sonora e de acción. Membro do colectivo alg-a.org.

Chiu Longina

1970, A Pobra de Trives. Artista sonoro, antropólogo e project manager. Membro do colectivo alg-a.org.

IGMIG

ig e mig (Ignacio Muñoz e Miguel Seoane). Músicos e performes amantes dos patchs de Pure Data. Membros do colectivo alg-a.org.

Isaac Cordal

Isaac Cordal (1974, Pontevedra). Neanderthal. Vive e traballa en Bruxelas. Membro do colectivo alg-a.org

Luis Costa

Nodar, Portugal, 1968. Curador e produtor de arte sonora, documentalista experimental e arquivador sonoro. Binaural / Nodar.

Manuela Barile

Bari, Italia 1978. Investigadora vocal e performer interdisciplinar residente en Portugal. Binaural / Nodar.

Mdme

Músico e investigador sonoro. Director do programa de investigación sobre arte e medio rural Verbenas Periféricas. Libre pensador.

Aquófono

Una creación de Parto (L.A.R Legido -Castromonte, 1975- e Patxi Valera A Coruña, 1970-).

Servando Barreiro

Artista interactivo e itinerante residente en Berlín desde o 2009. Oslo, Bergen, Islandia, Montevideo, París, Atenas, Linz, Utrecht…

Novas da exposición o que máis interesa

SÍGUENOS A PISTA NORMAL, na rede

Sigue as exposición e as súas actividades a través das redes sociais ou subscribíndote a esta web.

Onde está? achégate á exposición

A exposición pode visitarse nas salas da NORMAL, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña.

No Paseo de Ronda 47, 15011 A Coruña

Durante o case mes e medio que dura a exposición, NORMAL programará actividades relacionadas co discurso da exposición e cos seus artistas. Entre outros, poderase participar en:

Obradoiros

Relacionados coas novas tecnoloxías ou o espírito open source propios da xeración de artistas da exposición.

Xornadas e debates

Xornadas dedicadas á produción artística contemporánea, en especial á relacionada cos colectivos, asociacións ou proxectos comandados polos artistas que participan na exposición.

Conferencias

Conferencias ou seminarios curtos relacionados cos contidos e os modos de produción dos artistas da exposición.

Concertos e accións

Ao longo do mes e medio programaranse concertos e accións no espazo expositivo e noutros como o propio espazo público.

ACCEDE Á PROGRAMACIÓN COMPLETA

Contacta queres facer unha visita de grupo?

Queres organizar unha visita á exposición ou tes algunha suxestión? Queres coñecer máis detalles dos artistas e das súas obras?
Utiliza o formulario para contactares coa organización





O que se di de NOSOMOSON alguén dixo...

El oído antes que el ojo. El sonido por encima de lo visual. Y convertido en potente elemento artístico.

PAOLA OBELLEIRO. El País

“O son é unha forma de coñecemento”. Escoita o programa seguindo este link

Diario Cultural

“Vamos a convertir este espacio en un espacio público sensorial que la gente irá activando con su movimiento y su presencia”. Ver a nova

La Opinión

“El sentido olvidado”. Accede a esta fantástica reportaxe de V Televisión

V Televisión

“Un ‘macrófono’ para registrar la radiografía sonora coruñesa”. Ver a nova

El Mundo